Rivo recoñece a ampla traxectoria da Asociación provincial de talleres de reparación de vehículos de Ourense na súa cea de confraternidade

Ourense, 25 de novembro de 2023

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou hoxe na Cea de Confraternidade da Asociación provincial de talleres de reparación de vehículos de Ourense (Atave), na que recoñeceu a ampla traxectoria desta entidade (case 50 anos) cando en 1977 se constituíu como a primeira agrupación empresarial que naceu na provincia ourensá.

Rivo puxo en valor a colaboración estreita que a Xunta mantén con este sector e apelou a seguir buscando solucións conxuntas para facer fronte á falta de man de obra á que se está a enfrontar este sector. Neste senso, sinalou que o Goberno galego avoga pola formación continua e pola reciclaxe dos profesionais. Tamén indicou que é clave aproveitar as oportunidades que brinda a nova era tecnolóxica e rematou afirmando que o emprego que xeran os talleres de reparación de vehículos é clave para a economía ourensá.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/11/2023