A Xunta e o Concello da Veiga avalían as liñas de axuda autonómicas en materia de eficiencia enerxética

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2023

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, mantivo unha reunión de traballo co alcalde da Veiga, Juan Anta, para analizar as liñas de apoio que a Administración autonómica pon a disposición das administracións en materia de eficiencia enerxética.

Lorenzana valorou de xeito positivo o interese do Concello por estudar posibles actuacións que permitan o uso de enerxías renovables e o aforro enerxético en varias infraestruturas municipais. No encontro valorouse o posible encaixe que estas axudas poderían ter nos proxectos da Veiga.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 24/11/2023