A Xunta achega 833.000 € ao emprendemento feminino na área de Vigo a través do programa Emega

O delegada territorial da Xunta en Vigo visitou este venres unha farmacia de Gondomar que se se acolleu á liña de axudas para a consolidación de proxectos empresariais impulsados por mulleres

Vigo, 24 de novembro de 2023

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, apostou este venres por seguir fomentando o emprendemento feminino como unha das fórmulas para acadar unha sociedade máis igualitaria. A representante autonómica visitou a farmacia Concepción Núñez, en Gondomar, que recibiu unha subvención de 17.000 euros na liña Emega. 

Segundo explicou a delegada territorial, no conxunto da área viguesa un total de 60 proxectos empresariais impulsados por mulleres recibiron axudas por un importe total de 833.000 euros. O obxectivo do programa Emega é favorecer a reactivación e consolidación do emprendemento feminino ou a implantación de medidas innovadoras para a mellora da competitividade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 24/11/2023