A Xunta destaca o papel do sector da lousa como motor económico e dinamizador das comarcas onde se desenvolve

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, asistiu esta mañá en Ourense á presentación da exposición fotográfica ‘Pizarra’

Ourense, 23 de novembro de 2023

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, asistiu hoxe á presentación da exposición fotográfica Pizarra, que alberga o Centro cultural Marcos Valcárcel de Ourense e que proximamente percorrerá Vigo, Lugo, A Coruña e Santiago co obxectivo de poñer en valor o sector da lousa e o turismo industrial.

O director xeral destacou o papel fundamental do sector da lousa como motor económico e dinamizador das comarcas onde as empresas desta industria desenvolven a súa actividade, así como o seu labor social contribuíndo a fixar poboación no rural. Lembrou, ademais, a súa vocación exportadora, pois máis do 95 % das súa produción se vende ao exterior.

Fernández Vila ratificou o compromiso da Xunta cunha minería sustentable e, especialmente, co ámbito da lousa. Explicou a colaboración que se desenvolve co Clúster da Pizarra co que se asinaron recentemente convenios para impulsar o turismo industrial, así como para a dixitalización de materiais. Ademais, repasou os pasos que o sector está dando na implantación de novas tecnoloxías ou na restauración de espazos -co impulso do Goberno galego-.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 23/11/2023