A Xunta leva os deliciosos petiscos da campaña ‘GALICIA SABE AMAR’ a Dozón co mellor sabor das rías galegas

Dozón (Pontevedra), 23 de novembro de 2023

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitou hoxe a foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR da Xunta de Galicia na súa parada no lugar de Gouxa, no municipio pontevedrés de Dozón. O titular do Mar, acompañado polo rexedor da localidade, Adolfo Campos, manifestou a excelente calidade do peixe e mariscos das rías galegas e instou a que sexan parte dunha dieta saudable e equilibrada que repercute positivamente na vida dos seus consumidores. Tamén destacou o apoio da Administración autonómica á promoción dos produtos pesqueiros galegos e a por en valor as súas propiedades nutricionais e gastronómicas para incentivar o seu consumo así como o apoio ao bo facer dos profesionais do mar da nosa comunidade.

O conselleiro resaltou o éxito desta iniciativa na que catro foodtrucks levan por toda a xeografía galega e parte da española os mellores sabores dos produtos do mar de Galicia. Xa son preto de 380 concellos de toda España e 350.000 persoas as que pudieron degustar algún dos petiscos pensados especialmente para esta campaña realizados a base de produtos certificados do mar e da terra. O responsable autonómico lamentar que o novo Goberno central persista na súa negativa de rebaixar o IVE á alimentación que ven da pesca e a acuicultura, unha desventaxa competitiva respecto a outros como a pasta ou o aceite que segundo diversos estudos está agudizando o descenso do consumo agravando a situación xa de por si complexa que está vivindo o sector para que compitan en igualdade de condicións na cesta da compra dos consumidores.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 23/11/2023