A Xunta completa o arranxo da iluminación das dársenas da estación de autobuses de Vilalba
2023-11-21
/documents/35297/43462/211123+Arranxo+luminarias.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Vilalba (Lugo), 21 de novembro de 2023
A Xunta de Galicia remata hoxe o arranxo do sistema eléctrico e a reposición de todas as luminarias das dársenas da estación de autobuses de Vilalba.
O Goberno galego actuou tan pronto tivo coñecemento do problema e realizou as xestións necesarias para solucionar a avaría, de modo que parte da iluminación xa estaba operativa o pasado venres, achegando maior seguridade para os usuarios. Desde a Xefatura Territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade de Lugo puxéronse en contacto co Concello ata en tres ocasións ao longo da pasada semana para informar sobre os avances.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 21/11/2023