A Xunta comparte co alumnado da EFA Piñeiral de Arzúa as actuacións realizadas en materia de protección e participación da infancia

Arzúa (A Coruña), 21 de novembro de 2023

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, asistiu hoxe ao acto en conmemoración do Día mundial do Neno e da Infancia organizado pola EFA Piñeiral de Arzúa. Puido participar nunha conversa cos alumnos sobre as actuacións que se realizan desde unha Administración autonómica para a protección da infancia.

Jacobo Rey sinalou que un dos cometidos da Xunta de Galicia é velar porque cada neno e adolescente teña unha infancia feliz e que ningunha circunstancia vital lle impida desenvolver o seu proxecto de vida. Neste sentido, lembrou que tamén se procura a participación da mocidade mediante a creación do primeiro Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia (CAIA, integrado por rapaces de toda Galicia que dan voz ás demandas dos nenos e adolescentes da Comunidade Autónoma.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/11/2023