Alumnado do instituto Illa de San Simón de Redondela representarán a España nunhas olimpíadas internacionais de divulgación científica

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2023

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, recibiu hoxe os alumnos do IES Illa de San Simón de Redondela premiados co galardón QuinteSciencie, da Olimpíada Científica Xuvenil Española. Agora participarán no International Junior Science Olympiad que se celebrará entre o 1 e o 10 de decembro en Tailandia. “É un orgullo que estes mozos e mozas galegos representen ao conxunto do país nun certame internacional de divulgación científica”, anotou Román Rodríguez. O instituto de Redondela participa en diferentes olimpíadas ao longo do ano, actividades nas que contan co apoio económico da Xunta de Galicia.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/11/2023