A Xunta amosa ao alumnado do IES Arzúa as instalacións e as funcións que se desenvolven no Centro de Coordinación Central de Defensa Contra Incendios Forestais

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2023

O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, recibiu hoxe no Centro de Coordinación Central de Defensa Contra Incendios Forestais a visita dos alumnos do ciclo superior de Xestión Forestal e do Medio Natural do IES de Arzúa. Alí, o alumnado foi guiado polas instalacións do centro.

Neste encontro, Manuel Rodríguez explicoulles as distintas funcións que se desenvolven neste centro, que opera en consonancia cos Centros de Coordinación Provinciais e os Centros de Coordinación de Distrito a través da rede autonómica de tres niveis na que se estrutura a loita contra os lumes na nosa comunidade. Así mesmo, o alumnado tivo a oportunidade de coñecer o XeoCode, unha aplicación informática común para o Servizo de prevención e extinción de incendios que almacena en tempo real toda a información dispoñible sobre os lumes.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/11/2023