A Xunta resalta no Día universal da infancia os avances acadados en 2023 no eido da participación infantil e da adolescencia

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2023

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, destacou hoxe os avances acadados en Galicia no eido da participación infantil e da adolescencia. Díxoo no acto conmemorativo do Día Universal da Infancia, que a Xunta celebrou xunto coa Plantaforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG) na Cidade da Cultura.

Jacobo Rey tamén lembrou que neste ano 2023 púxose en marcha o primeiro Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia (CAIA), integrado por rapaces de toda Galicia que dan voz ás demandas dos nenos e adolescentes da comunidade autónoma.

Arredor de 200 nenos entre os 8 e os 12 anos pertencentes a oito centros educativos galegos e da Fundación Down Compostela participaron nun encontro no que expuxeron  as súa propostas en cinco ámbitos: bens de primeira necesidade, pobreza e infancia, ocio e cultura, e educación e saúde.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/11/2023