A Xunta convoca 35 prazas de emprego público reservadas para persoas con discapacidade intelectual
O DOG publica hoxe a convocatoria de procesos selectivos para a especialidade de limpeza e cociña e para a escala de Persoal se Servizos Xerais
A Xunta de Galicia acaba de convocar oposicións para cubrir 35 prazas de emprego público reservadas para persoas con discapacidade intelectual.
En concreto o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria de 31 prazas para a especialidade de limpeza e cociña e de catro prazas para a escala de Persoal de Servizos Xerais (PSX).
A inserción laboral de persoas con discapacidade constitúe unha vía fundamental para alcanzar unha plena integración social, polo que é necesario adoptar as medidas necesarias para incrementar o emprego destas persoas, aumentar as súas posibilidades de traballo e impedir calquera forma de discriminación.
Neste sentido, as administracións públicas deben promover e desenvolver iniciativas que axuden a alcanzar unha inserción laboral efectiva das persoas con discapacidade.