Román Rodríguez destaca a colaboración da asociación de empresarios de Deza coa FP na comarca

Lalín (Pontevedra), 18 de novembro de 2023

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, participou hoxe na VII Xuntanza Empresarial da Asociación de Empresarios de Deza, onde destacou a colaboración desta entidade na implantación da FP na zona. Non en balde, participaron na elaboración da oferta, a través do Plan Conecta FP e son un elemento fundamental para a empregabilidade dos alumnos destas ensinanzas”, salientou.

O conselleiro destacou a importancia desta xuntanza anual, “o maior encontro empresarial de toda a comarca, con 150 empresas participantes” e felicitou ás entidades premiadas no encontro polo seu compromiso co desenvolvemento económico do Deza.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/11/2023