A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, participou esta noite na celebración do décimo aniversario de BNI Galicia

Lorenzana destaca a aposta da Xunta por abrir as portas ao capital investidor que mobiliza a transición enerxética

Ratifica que a Administración autonómica traballa por xerar un clima favorable para a actividade empresarial para que a economía galega siga crecendo, xerando emprego de calidade e captando novos proxectos

Asegura que, no actual contexto, Galicia ten que ser a opción porque ten capacidade instalada para converterse nun referente da industria verde

Vigo, 17 de novembro de 2023

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, salientou hoxe a aposta que está facendo a Xunta de Galicia por abrir as portas ao capital investidor que mobiliza a transición enerxética, ofrecendo simplificación administrativa, seguridade xurídica e estabilidade.

Así o manifestou esta noite durante a súa intervención no acto de celebración do décimo aniversario de BNI Galicia, onde apuntou que a Administración autonómica traballa por xerar un clima favorable para a actividade empresarial, para que a economía galega siga crecendo, xerando emprego de calidade e captando novos proxectos. Así, recoñeceu que o papel que teñen que desempeñar as administracións é o de acompañar o tecido empresarial poñendo ao seu alcance todas as facilidades posibles para que poida dar o salto dixital, integrar a enerxía renovable e revalorizar a súa cadea de produción ou o seu negocio a través da I+D+i.

No actual contexto, dixo, Galicia ten que ser a opción porque ten capacidade instalada para converterse nun referente da industria que vén, dixo, da industria verde. A conselleira concluíu felicitando a BNI polo seu labor como nexo de unión e punto de conexión entre empresas e por compartir coa Administración autonómica a necesidade de estar ao carón do tecido empresarial.

Data de actualización: 17/11/2023