A Xunta organiza un encontro de Talento Mozo no albergue xuvenil das Mariñas

Bergondo (A Coruña), 18 de novembro de 2023

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, deu hoxe a benvida aos participantes no Encontro Talento Mozo celebrado no albergue xuvenil Mariña Española, que formaron parte das charlas levadas a cabo nos institutos.

Cristina Pichel lembrou que o curso pasado púxose en marcha por primeira vez o programa Talento Mozo, para trasladar a estudantes de centros de secundaria de toda Galicia experiencias de éxito protagonizadas por xente nova de diversos ámbitos: cultura, deporte, emprendemento ou voluntariado. O obxectivo é dar visibilidade á creatividade, empuxe e capacidade de innovación que ten a xuventude galega; e que esta teña os seus propios referentes.

A directora xeral anunciou que este programa terá unha nova edición este curso, que xa está aberta para solicitude dos centros educativos na páxina web da Consellería de Cutura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/11/2023