A Xunta apoia o III Encontro galego de consellos locais de participación infantil e adolescente

O Carballiño (Ourense), 19 de novembro de 2023

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, clausurou hoxe o III Encontro galego de consellos locais de participación infantil e adolescente, impulsado por UNICEF-Galicia e que se celebrou na Residencia de tempo libre da Xunta de Galicia no Carballiño.

Arredor de medio centenar de nenos e adolescentes procedentes de doce municipios da comunidade (A Coruña, A Laracha, Burela, Castrelo de Miño, Nigrán, Moaña, Moeche, Ponteareas, Redondela, Teo, Tomiño e Viveiro) participaron neste evento, no que se abordaron cuestións de actualidade para os nenos e adolescentes coincidindo coa celebración mañá do Día Mundial da Infancia.

O director xeral salientou o compromiso do Goberno galego coa atención aos menores, en especial a aqueles que atravesan unha situación de vulnerabilidade. Neste sentido, apuntou que o orzamento da Xunta para 2024 contempla unha partida económica de 60 millóns de euros para seguir mellorando os servizos de protección á infancia, unha cifra récord.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 19/11/2023