A Xunta participa na andaina contra a violencia de xénero da asociación Mulleres en Igualdade de Lugo

Foz (Lugo), 18 de novembro de 2023

A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, está a apoiar os actos que está a organizar a Asociación Mulleres En Igualdade Provincial de Lugo (Bumei), con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Hoxe participou na andaina A ruta da reflexión que tivo lugar en Foz. Vázquez, ao remate, recolleu o testemuño contra a violencia de xénero no nome da Xunta.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/11/2023