A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, mantivo un encontro con representantes da entidade

Xunta e DIHGIGAL formalizan o convenio para a elaboración do mapa industrial de Galicia

Trátase dunha ferramenta prevista no Proxecto de Lei de medidas fiscais e administrativas para coñecer a realidade da industria galega e definir medidas de intervención

En virtude deste convenio, que comporta un investimento de 200.000 euros, DIHGIGAL comprométese a poñer en marcha varias actuacións en materia de planificación industrial para obter información a nivel sectorial, territorial e de solo dispoñible

Trátase de identificar as necesidades e demandas das empresas, buscar de xeito coordinado solucións eficientes para a mellora da competitividade e produtividade industrial; e crear unha rede de información e comunicación permanente entre as institucións públicas e a industria galega
 

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2023

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, e representantes da Asociación para a dixitalización da industria de Galicia (DIHGIGAL), formalizaron esta semana o convenio de colaboración para elaborar o mapa industrial de Galicia, unha ferramenta prevista no Proxecto de Lei de medidas fiscais e administrativas para coñecer a realidade da industria galega e definir medidas de intervención.

En virtude deste convenio, que comporta un investimento de 200.000 euros, DIHGIGAL comprométese a poñer en marcha varias actuacións en materia de planificación industrial para obter información a nivel sectorial, territorial e de solo dispoñible. Trátase de identificar as necesidades e demandas das empresas, buscar de xeito coordinado solucións eficientes para a mellora da competitividade e produtividade industrial; e crear unha rede de información e comunicación permanente entre as institucións públicas e a industria galega.

Por outra banda, o convenio recolle a colaboración na definición de medidas para impulsar e fomentar ata un total de catro sectores industriais prioritarios, que serán seleccionados segundo os resultados do mapa ou atendendo á súa especial relevancia dentro da economía galega, en liña coa nova estratexia industrial prevista no Proxecto de Lei de medidas fiscais e administrativas. Ademais contémplanse actuacións para dar a coñecer e difundir a promoción industrial, como é o caso da celebración de eventos e accións de dinamización.

A través deste convenio, a Xunta pretende seguir avanzando no desenvolvemento, promoción e coordinación da política industrial de Galicia co obxectivo de mellorar a competitividade da industria galega, dando resposta ás súas principais necesidades e favorecendo a creación de emprego estable e de calidade. Neste obxectivo contará con DIHGIGAl, que está integrada por unha ampla variedade de socios que representan o conxunto do tecido industrial galego desde diferentes ópticas de coñecemento (clústeres, centros tecnolóxicos, universidade e empresas) e que ten entre as súas finalidades promover unha visión estratéxica industrial a longo prazo para a mellora competitiva e o desenvolvemento sustentable.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/11/2023