O experto en poda e arquitectura na vide Julián Palacios imparte unha formación na Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia en Leiro

Este centro, dependente da Axencia Galega de Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural, organizou esta formación que esgotou as 30 prazas dispoñibles en menos de 24 horas

A Xunta destaca o seu éxito trala boa acollida desta formación, que incluíu unha actividade práctica en leiras desta estación
 

Leiro (Ourense), 16 de novembro de 2023

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), centro dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, organizou ao longo do día de hoxe o taller práctico “A poda na vide” nas súas instalacións situadas en Ponte San Clodio, no concello ourensán de Leiro.

O taller impartiuno Julián Palacios, figura recoñecida a nivel nacional en materia de poda e arquitectura da vide, que lles ofreceu aos asistentes unha bases teóricas sobre a materia para logo actuar de forma práctica nunha das leiras da Evega.

Esta sesión formativa foi un éxito para os plans de formación da Xunta, xa que as 30 prazas dispoñibles esgotáronse en menos de 24 horas polo interese que xerou a participación de Julián Palacios.

Con este taller preténdese formar a viticultores e técnicos na poda respectuosa coa planta, o que propicia que os viñedos duren máis anos cun mellor estado sanitario e produtivo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 16/11/2023