A Xunta inviste preto de 380.000 euros na cuberta e reforma das instalacións do IES Coruxo

A delegada territorial, Ana Ortiz, realizou este xoves un percorrido polos traballos que o Goberno galego levou a cabo no centro escolar

Vigo, 16 de novembro de 2023

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, e o xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, visitaron este xoves as instalacións do IES Coruxo de Vigo no que se levaron a cabo nos últimos meses diversas melloras cun investimento de preto de 380.000 euros.

Segundo explicou a representante autonómica, a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades finalizou os traballos orientados á substitución da cuberta central do centro educativo, así como a reforma da acometida da auga, a reparación de danos causados polo temporal, revestimento de depósitos e a instalacións de fontanería. O IES Coruxo conta 43 docentes e un total de 455 alumnos de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato.  

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 16/11/2023