A Xunta comparte co IES de Arzúa o funcionamento do Centro de Coordinación Central de defensa contra incendios forestais

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2023

O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, recibiu hoxe a visita do alumnado do IES de Arzúa, que coñeceron as instalacións do Centro de Coordinación Central (CCC) de Defensa contra os Incendios Forestais.

Neste encontro, Manuel Rodríguez guiounos polas instalacións do CCC e explicoulles o funcionamento deste centro, integrado na estrutura organizativa da loita contra os lumes na nosa comunidade, nunha rede autonómica de tres niveis e que, polo tanto, tamén inclúe aos Centros de Coordinación Provinciais e aos Centros de Coordinación de Distrito. Ademais, os alumnos puideron coñecer hoxe a aplicación informática XeoCode, un sistema de información xeográfica en tempo real con toda a información dispoñible sobre os incendios.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 15/11/2023