A Xunta aborda en Vigo a situación actual do colectivo LGTBI no mercado laboral e as obrigas das empresas ante casos de discriminación

Vigo, 15 de novembro de 2023

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou esta mañá na xornada organizada en Vigo -aberta a toda a cidadanía- para abordar a situación actual, a negociación colectiva e as obrigas empresariais respecto do colectivo LGTBI. Alí, aproveitou para lembrar que se vén de habilitar unha web específica (diversidade.aigualdadelaboral.gal) para divulgar recursos de interese para a promoción de ambientes laborais inclusivos coas persoas LGTBI, como normativa, formación ou referencias sobre diversas asociacións.

Na xornada de hoxe -que tamén se pode seguir via streaming- falarase da realidade do colectivo tratando a discriminación, a inclusión e a diversidade; da intervención dos poderes públicos e do papel dos interlocutores sociais. Tamén das obrigas e medidas das empresas, das actuacións da Inspección de Traballo e Seguridade Social, da xestión de recursos humanos e -por último- dos recursos que ofrecen as asociacións.  

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 15/11/2023