A Xunta salienta a importancia da rede pública de centros de día de Galicia, a única en España

Ferrol, 14 de novembro de 2023

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, destacou hoxe que Galicia é a única comunidade autónoma que conta cunha rede pública de centros de día especializados no coidado ás persoas con alzhéimer. Díxoo nunha visita ao servizo de atención diúrna de Ferrol, que xestiona AFAL Ferrolterra e na que estivo acompañado da delegada territorial da Xunta, Martina Aneiros.

Antón Acevedo lembrou que o Goberno galego aprobou este ano o concerto social do alzhéimer, co que se consolida a rede pública de centros e que supón un incremento do 20% da aportación da Xunta a entidades como AFAL. Ademais, destacou o traballo que se realiza neste centro de día, no que se prestan servizos de logopedia, fisioterapia ou de apoio e orientación ás familias, entre outros.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/11/2023