A Xunta aposta por unha transición planificada cara a unha mobilidade eficiente e sustentable

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participou na apertura da II Xornada Automoción de Galicia, organizada por Faconauto

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2023

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, sinalou esta mañá na apertura da II Xornada Automoción de Galicia, organizada por Faconauto, patronal de asociacións de concesionarios oficiais, que a Xunta aposta por unha transición ordenada e planificada cara a unha mobilidade eficiente e sustentable, achegando certezas aos usuarios e ao sector.

Fernández Vila lembrou que a Axenda Enerxética de Galicia 2030 inclúe diferentes accións centradas na promoción do uso de fontes renovables no transporte, a renovación do parque móbil da administración e o fomento do vehículo eléctrico.

Entre outras actuacións, lembrou que a Xunta de Galicia está traballando coas comunidades autonómas da zona noroeste para impulsar un espazo para a mobilidade e o transporte sustentables coa fin de promover e desenvolver as infraestruturas necesarias nas súas principais vías de conexión, garantindo a subministración eléctrica.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/11/2023