O delegado territorial da Xunta en Ourense participa na inauguración da carpa conmemorativa con motivo da celebración do Día Mundial da Diabetes

Ourense, 14 de novembro de 2023

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou esta mañá na inauguración da Carpa Conmemorativa con motivo da celebración do Día Mundial da Diabetes; este ano baixo o lema ‘Coñecer os riscos é coñecer as respostas’.

Cada 14 de novembro celébrase o Día Mundial da Diabetes; unha oportunidade para xerar conciencia sobre o impacto da diabetes na saúde das persoas e para resaltar as oportunidades para fortalecer a prevención, diagnóstico e tratamento da diabetes.

 

Con esta campaña búscase que a poboación se conciencie sobre a importancia de saber que é, que implica a enfermidade e os pasos a seguir para mellorar na prevención, o diagnóstico temperán e os tratamentos adecuados.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/11/2023