A Xunta destaca o labor da Cooperativa Xallas con motivo do seu 50 aniversario

Santa Comba (A Coruña), 10 de novembro de 2023

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Alimentarias, José Balseiros, participou hoxe no acto de conmemoración do 50 aniversario da Cooperativa Xallas, que se celebrou en Santa Comba. Na súa intervención, destacou o traballo feito pola cooperativa ao longo deste medio século para brindar un servizo da máis alta calidade e competitividade no mercado.

A Xunta mantén o seu compromiso co sector agroalimentario galego, xa que nos orzamentos do 2024 destinaranse máis de 83 millóns de euros para accións que permitirán afondar na competitividade e a remuda xeracional. No agro, en concreto, destacan as axudas para a transformación e comercialización de produtos agrarios, que contarán cun novo investimento de 32,6 millóns -2 millóns máis que en 2023-, ou os 16 millóns para favorecer a incorporación de mozos á actividade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/11/2023