O Praia Club da Coruña acolle o concerto dos finalistas en Música do programa Xuventude Crea
A Coruña, 12 de novembro de 2023
O talento da xente nova encheu esta tarde a sala de concertos do Praia Club, que acolleu a fase final do programa Xuventude Crea 2023 na modalidade de Música.
Os finalistas interpretaron en directo as oito pezas musicais que chegaron a esta fase, que contou coa presencia da directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel. Na edición deste ano desta modalidade presentáronse 16 obras.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade
Data de actualización: 12/11/2023