Finaliza a terceira edición da Liga Xunta de Galicia de Break coa última competición e a entrega de premios en Santiago

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2023

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu esta tarde á final da terceira edición da Liga Xunta de Galicia de Break que se celebrou no centro comercial Área Central en Santiago. Ao finalizar fíxose entrega dos premios aos equipos finalistas.

Esta competición percorreu dez localidades e contou coa participación de máis de 120 mozas e mozos. En concreto, as localidades polas que pasou esta terceira edición foron: Lalín, Pontedeume, Noia, Porto do Son, Verín, Vigo, A Coruña, Pontevedra, Ourense e, finalmente, esta final en Santiago de Compostela. 

Cristina Pichel enmarcou este tipo de eventos na aposta do Goberno galego por ofrecer alternativas de ocio e saudables á xuventude. Neste sentido, agradeceu o labor da Asociación Cultural e Deportiva Vella Escola, organizadora da competición, por levar a cultura urbana a toda a mocidade.

Data de actualización: 11/11/2023