A sala Númax de Santiago acolle a fase final do programa Xuventude Crea na especialidade de Videocreación

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2023

A sala de cine Númax de Santiago de Compostela acolleu esta tarde a final do programa Xuventude Crea 2023 na especialidade de Videocreación. A esta fase chegaron nove creacións que se exhibiron no marco da edición do festival Cineuropa.

 

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu ás proxeccións. O número de obras que se presentaron a esta categoría foron 13.

Data de actualización: 11/11/2023