O conselleiro do Medio Rural, acompañado pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, reuniuse en San Caetano coa rexedora deste concello coruñés

A Xunta e o Concello de Trazo traballan conxuntamente para a posta en valor de terras en estado de abandono

José González, acompañado por Inés Santé, e Josefina Suárez analizaron as diferentes ferramentas da Lei de recuperación de terra agraria de Galicia e, en vindeiras datas, o titular do Medio Rural manterá un encontro con veciños para presentarlle as súas vantaxes

O orzamentos do 2024 contemplan un investimento de 7,4 millóns de euros para seguir potenciando o desenvolvemento de polígonos agroforestais e aldeas modelo
 

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2023

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, mantivo un encontro coa alcaldesa de Trazo, Josefina Suárez, onde puxeron de relevo a importancia da recuperación e posta en valor do territorio.

Na xuntanza abordáronse temas de interese para o rural deste concello coruñés, especialmente aqueles relacionados coas ferramentas da Lei de recuperación de terra agraria de Galicia que poñen en valor espazos infrautilizados. En vindeiras datas, o conselleiro do Medio Rural reunirase cos veciños de Trazo para explicarlles as súas vantaxes.

No 2024, a Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, destinará 7.4 millóns de euros para seguir impulsando os polígonos agroforestais e as aldeas modelo, dúas ferramentas incluídas en dita lei.

Ademais, este encontro tamén serviu para falar das concentracións parcelarias de Trazo, para as que se estuda a posibilidade de acometer melloras nos camiños de acceso. A Consellería do Medio Rural seguirá a traballar no 2024 nas zonas de reestruturación parcelaria e no arranxo de pistas, destinando un orzamento de 24 millóns de euros.

Por outra banda, cómpre lembrar que entre 2020 e 2023 rematáronse 29 parcelarias, cunha superficie total de 19.500 hectáreas, e dende 2021 decretáronse outras 29 parcelarias, abarcando máis de 23.810 hectáreas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/11/2023