Martina Aneiros participa na apertura das xornadas Ferrol no mundo para promover as relacións de Galicia e A China a través do Campus industrial

Ferrol, 10 de novembro de 2023

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros asistiu esta mañá á apertura das xornadas Ferrol no mundo: Iberoamérica e o diálogo Oriente-Occidente que organiza o Instituto galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi) e a Universidade da Coruña (UDC), a través do Campus Industrial de Ferrol, e en colaboración con Casa Asia e o Concello de Ferrol.

O obxectivo do encontro que se desenvolve no salón de Graos da facultade de Humanidades e Documentación é o de conectar Galicia e A China a través da promoción de maiores intercambios académicos e estudantís que poidan ser tractores de mellores relacións económicas e socioculturais poñendo Ferrol no centro.

No evento, que se prolongará durante toda a mañá, participan expertos en xeopolítica, relacións internacionais e Axenda 2030, así como especialistas nas relacións entre España e A China, especificamente no ámbito universitario.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/11/2023