Rivo destaca a traxectoria internacional da comunicadora María Álvarez nun foro en Ourense
2023-11-10
/documents/35297/43456/20231109+RivoForoOurense.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Ourense, 9 de novembro de 2023
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, presentou hoxe o relatorio da experta en márketing María Álvarez, que analizou no Foro de La Región a evolución da sociedade española a través da publicidade, desde a perspectiva tradicional e dixital.
Rivo destacou a traxectoria desta comunicadora, da que valorou a súa experiencia en compañías e axencias de medios de recoñecido prestixio nacional e internacional. Na actualidade, Álvarez é directora de negociosen Maxus na multinacional de comunicación WPP-Group M.
Departamento:
C. de Emprego, Comercio e Emigración
Data de actualización: 10/11/2023