Fabiola García asiste en Vigo ao VIII Fórum Retos Internacionales del Ecosistema de Salud

Vigo, 9 de novembro de 2023

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, asistiu esta tarde ao VIII Fórum Retos Internacionales del Ecosistema de Salud (RIES) que ten lugar estes días en Vigo. Un encontro no que tivo a oportunidade de felicitar aos premiados nesta edición polas súas accións innovadoras nos campos sanitarios e sociosanitarios.

A Xunta puxo en valor durante o evento as medidas que se están a implantar para atender ás novas necesidades que presentan as persoas maiores. Entre elas, o Carné +65, unha medida que permitirá ofrecerlles ás persoas maiores descontos en establecementos, un novo programa de viaxes nacionais e internacionais e viaxar de xeito gratuíto no transporte interurbano da Xunta de Galicia. Medidas que beneficiarán a 700.000 galegos que recibirán nas súas casas esta tarxeta ao igual que se fai para a mocidade a través do Carné Xove.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/11/2023