A Xunta destaca a importancia da transparencia e da rendición de contas no sector público

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, inaugurou as VIII Xornadas de Auditoría e Contabilidade en Galicia

Santiago de Compostela, 9 novembro de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, destacou hoxe a importancia de promover a transparencia e a rendición de contas no sector público e no privado.

Durante a inauguración das VIII Xornadas de Auditoría e Contabilidade en Galicia, Miguel Corgos recordou que o Goberno galego foi pioneiro neste ámbito coa aprobación da Lei de Disciplina Orzamentaria e Sustentabilidade Financeira, e que ademais a Xunta elabora plans estratéxicos que prevén o marco financeiro de toda a actividade pública.

Intelixencia artificial

O conselleiro tamén puxo en valor o uso das novas tecnoloxías no desenvolvemento das actuacións de control.

Neste marco, explicou que no campo da auditoría, a intelixencia artificial demostrou ser unha ferramenta valiosa para mellorar a eficiencia e a precisión dos procesos de auditoría pois axuda ao persoal auditor a analizar gran volume de datos de xeito rápido e preciso.

Ademais da detección de áreas de risco, e de forma complementaria, a intelixencia artificial tamén permitiría, segundo expuxo, automatizar procedementos repetitivos e aproveitar mellor os recursos humanos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/11/2023