A Xunta destaca a importancia da atención temperá para a saúde e un mellor desenvolvemento da infancia

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2023

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, destacou a importancia da atención temperá para a saúde e un mellor desenvolvemento dos nenos. Díxoo na inauguración dunhas xornadas formativas neste ámbito que hoxe e mañá se celebran na Escola Galega de Administración Pública (EGAP).

A directora xeral destacou que no orzamento da Xunta para 2024 se segue consolidando a Rede galega de atención temperá, formada hoxe por 46 unidades repartidas por toda a comunidade que dan servizo a 200 concellos. Nestas xornadas, organizadas pola Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT), contan como relatores con Carlos Pitillas Salvá, especialista en Psicoloxía Clínica Infanto-Xuvenil; Ana Berásategui Pedro-Vello, doutora en Psicoloxía, e Amaia Halty Barrutieta, especialista en métodos de avaliación familiar.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/11/2023