Javier Arias gaba o labor da Fundación Anade na inclusión das persoas con discapacidade a través da cultura

Lugo, 8 de novembro de 2023

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo hoxe unha xuntanza coa representante da Fundación Anade en Lugo, Ángeles Fernández Mayra.

Arias gabou o labor que realiza a entidade e manifestou o apoio da Xunta para continuar cun traballo que “contribúe a dar visibilidade ás persoas con diversidade funcional no ámbito da cultura e facilita a súa integración social e laboral”.

A Fundación Anade e a Asociación Os Pinchacarneiros celebrarán a décima gala solidaria o venres 17 de novembro a partir das 20.00 horas no hotel Méndez Núñez. Ademais da cea, a beneficio da organización, inclúe diferentes espectáculos e actividades, e a entrega dos premios de inclusión social a Aquilino González, responsable de eliminación de barreiras arquitectónicas de Auxilia, e ao Centro Dramático Nacional.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/11/2023