A Xunta financia trece prazas de atención diúrna a menores de idade no centro de Cáritas Ourense

Ourense, 8 de novembro de 2023

O director xeral de Familia, infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou esta mañá o centro de día de atención a menores con medidas de protección xestionado por Cáritas Ourense. Durante o encontro, lembrou que o Goberno galego vén de blindar ata o ano 2027 o mantemento destes centros de atención diúrna mediante concerto social. 

A Xunta concertou mediante esta modalidade o funcionamento de máis de 200 prazas nestas instalacións por un importe de preto de 20 millóns de euros. Cáritas Ourense conta con trece destas prazas no seu centro da rúa Progreso. Alí ofrécense servizos de acompañamento e seguimento de nenos e adolescentes que se atopan dentro do sistema de protección.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/11/2023