O Sergas pon en valor a atención primaria nunha actualización científica ante 200 profesionais de medicina familiar e comunitaria

A xerente do Sergas participa na inauguración da xornada presencial do APDAY-semFYC celebrada na Coruña

A Coruña, 8 de novembro de 2023

A xerente do Servizo Galego de Saúde, Estrella López-Pardo, participou este martes na Coruña na inauguración da xornada presencial do APDAY-semFYC promovida por promovida por AGAMFEC e semFYC, as sociedades científicas galega e nacional, respectivamente, da especialidade de medicina familiar e comunitaria.

Ante máis de 200 médicos de familia de toda Galicia, a xerente do Sergas lembrou que a Estratexia Galega de Saúde 2030, actualmente en tramitación, prioriza avanzar no carácter proactivo e personalizado da sanidade pública. “O valor clínico que podedes aportar é enorme. Non se trata só de realizar diagnósticos e tratamentos, senón de comprender as necesidades dos pacientes no seu contexto persoal, social e emocional”, sinalou López-Pardo ao resaltar o papel dos profesionais da medicina en atención primaria.

No mesmo sentido, a responsable do Servizo Galego de Saúde falou do escenario de coidados que cada vez busca ser máis humanizado e, con ese enfoque, as e os médicos de familia serán a referencia para os especialistas hospitalarios que traten os seus pacientes.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/11/2023