O delegado territorial da Xunta supervisa as obras de mellora do saneamento e abastecemento na rúa barrio, en Laza, nas que a Xunta inviste 167.000 euros

Gabriel Alén destacou que nas obras, desenvolvidas a través de encomenda á empresa pública Seaga

O delegado territorial explicou que as actuacións pretenden dotar aos veciños de Laza de servizos municipais da auga máis eficientes na rúa Barrio, que forma parte do Camiño de Santiago e por iso se está a renovar o seu pavimento

A intervención está financiada pola Unión Europea no marco do eixe REACT-EU do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión á pandemia da covid-19

Ourense, 07 de novembro de 2023

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, supervisou esta mañá, acompañado do alcalde, José Ramón Barreal, as obras de mellora do saneamento e do abastecemento na rúa Barrio de Laza, nas a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, esta a investir 167.000 euros.

O delegado territorial explicou que as actuacións, desenvolvidas pola empresa pública Seaga, pretenden dotar aos veciños de Laza de servizos municipais da auga máis eficientes, coa mellora e renovación da rede de abastecemento e coa dotación de rede de saneamento separativa na rúa Barrio, que forma parte do Camiño de Santiago e por iso se está a renovar o seu pavimento.

Actualmente esta zona do municipio ten rede de saneamento unitaria, ao contrario das rúas coas que conecta, e a rede de saneamento non cubre toda a lonxitude da rúa, ademais de presentar, ambas as dúas, deterioros debido ao paso do tempo.

Así, para mellorar as condicións de depuración e permitir que as vivendas de toda a rúa poidan acceder á rede de abastecemento, a Xunta está a levar a cabo estas obras para dotar a toda a rúa Barrio de abastecemento e executar unha rede de saneamento na que as augas da chuvia estean separadas das augas fecais.

Concretamente, a nova rede de abastecemento disponse ao longo de 230 metros. Para a rede de saneamento de pluviais estase a construír un colector soterrado que conectará coa rede da rúa Doctor Vila e coa da estrada OU-112. Para as augas residuais acométese unha canalización que conectará coas xa existentes neses dous mesmos puntos.

Gabriel Alén sinalou que se trata dunha actuación agardada e necesaria, solicitada polo alcalde. Lembrou que o Consello da Xunta autorizou no mes de maio a colaboración técnico-financeira co Concello para posibilitar a súa tramitación e execución, que hoxe está a piques de rematar.

A intervención está financiada pola Unión Europea no marco do eixe REACT-EU do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión á pandemia da covid-19.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 07/11/2023