Fabiola García visita as obras de mellora realizadas na escola infantil pública autonómica de Vite

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2023

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitou esta mañá a escola infantil de Vite, pertencente á rede pública autonómica. O obxecto desta visita foi coñecer as últimas obras de acondicionamento realizadas neste centro, coas que se deu continuidade ás xa feitas a principios deste ano.

Nesta nova intervención procedeuse ao pintado das instalacións. Esta actuación súmase ás anteriores, que consistiron na reforma do patio exterior e no pintado da primeira planta e da aula de música.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 04/11/2023