O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, inaugurou hoxe este encontro que ten lugar na Residencia de Tempo Libre do Carballiño

A Xunta participa na XXXI Convivencia de Enfermidades Metabólicas organizada por Asfega

Destaca o labor de apoio, información e asesoramento que realiza a entidade

O Carballiño (Ourense), 4 de novembro de 2023

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, destacou hoxe o labor de apoio, información e asesoramento que desde fai anos leva a cabo a Asociación Fenilcetonúrica e Outros Trastornos Metabólicos de Galicia (Asfega). Díxoo na inauguración da XXXI Convivencia de Enfermidades Metabólicas que esta entidade desenvolve durante a fin de semana na Residencia de Tempo Libre da Xunta de Galicia no Carballiño.

O director xeral fixo fincapé no valor que teñen este tipo de encontros para que as persoas que teñen doenzas metabólicas hereditarias poidan compartir experiencias e dar máis visibilidade á súa situación. Neste sentido, indicou a importancia de ofrecer a estas persoas unha rede de apoio e maiores facilidades de acceso aos alimentos e produtos que necesitan para mellorar o seu benestar.

O programa destas xornadas incluíu relatorios sobre o diagnóstico, a atención psicolóxica e as novidades no tratamento nutricional das enfermidades metabólicas, entre outras temáticas. O evento rematará mañá domingo cun encontro de mozos e familias usuarias de Asfega e un xantar de confraternidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 04/11/2023