Máis de 400 estudantes participan este curso nos programas de intercambio entre Galicia e Francia

A través da iniciativa ‘EduFrance’ alumnos de 3º e 4ºde ESO e 1º de Bacharelato participarán nunha estadía nas rexións de Hauts-de-France e Bretagne e viceversa

A este programa súmase ‘Picasso Mob’, co que mozos de 1º de Bacharelato integraranse en centros da rexión académica Bourgogne-Franche Comté
 

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2023

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades pon en marcha EduFrance, unha mobilidade na que 200 estudantes galegos e outros 200 franceses, das rexións académicas Hauts-de-France e Bretagne, participarán este curso neste proxecto de mobilidade. A esta iniciativa, o Goberno galego suma Picasso Mob, un novo programa de intercambio entre alumnado de centros educativos galegos e da rexión académica Bourgogne-Franche Comté no que participarán seis estudantes galegos e outros seis de Francia.

O obxectivo destes intercambios escolares é propiciar o coñecemento mutuo das culturas e linguas de ambos países mediante a asistencia do alumnado a centros educativos e a convivencia en familias doutro país. A estratexia Edulingüe 2030 de Linguas Estranxeiras da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades promove este tipo de accións como chave para achegar ao alumnado galego a un contexto internacional real, tanto no ámbito académico como no da convivencia diaria.

No caso do programa EduFrance, serán arredor de 200 os alumnos de 3º e 4º de ESO e 1º Bacharelato de 20 centros públicos galegos que participarán nun intercambio cultural e lingüístico con alumnado de centros educativos franceses das rexións académicas Hauts-de-France e Bretagne, ambas no país galo.

Durante o período de intercambio, o alumnado galego participante –entre 10 e 15 escolares por cada centro– deberá asistir ás clases no lycée ou collège que lle fose asignado pola Région Académique correspondente e aloxarase na casa dunha familia francesa, e viceversa no caso da viaxe dos estudantes franceses en Galicia. A estancia do alumnado galego en Francia terá unha duración dun máximo de 10 días naturais e poderá desenvolverse en calquera momento do curso 2023/2024.

Os seis alumnos galegos de 1º de Bacharelato participantes no Picasso Mob proceden dos institutos IES de Arzúa, Canido (Ferrol), de Allariz, Johan Carballeira (Bueu) e de Rodeira (Cangas). Aloxaranse durante catro semanas nun domicilio dun estudantes francés, acudindo a clase ao seu centro de ensino. En réxime de reciprocidade, acollerán no seu domicilio e no seu centro de estudos o alumnado francés.

A relación de centros que participarán nestas dúas experiencias, cos gastos de viaxe cubertos pola Xunta, é a reflectida na seguinte táboa :

Provincia
Concello
Centro
Rexión Académica
Coruña, A
Arzúa
IES de Arzúa
Bourgogne-Franche Comté
Coruña, A
Brión
IES Brión
Hauts-de-France
Coruña, A
Coruña, A
IES A Sardiñeira
Bretagne
Coruña, A
Ferrol
IES Canido
Bourgogne-Franche Comté
Coruña, A
Malpica
IES Urbano Lugrís
Hauts-de-France
Lugo
Burela
IES Monte Castelo
Hauts-de-France
Lugo
Fonsagrada, A
IES Plurilingüe Fontem Albei
Bretagne
Lugo
Foz
IES de Foz
Hauts-de-France
Lugo
Monforte de Lemos
IES Francisco Daviña Rey
Hauts-de-France
Lugo
Ribadeo
IES de Ribadeo Dionisio Gamallo
Bretagne
Ourense
Allariz
IES de Allariz
Bourgogne-Franche Comté
Ourense
Ourense
IES Universidade Laboral
Bretagne
Ourense
Ourense
IES Ramón Otero Pedrayo
Bretagne
Ourense
Viana do Bolo
IES Carlos Casares
Bretagne
Pontevedra
Bueu
IES Johan Carballeira
Bourgogne-Franche Comté
Pontevedra
Cangas
IES de Rodeira
Bourgogne-Franche Comté
Pontevedra
Estrada, A
IES Manuel García Barros
Hauts-de-France
Pontevedra
Gondomar
IES Plurilingüe Terra de Turonio
Bretagne
Pontevedra
Meis
CPI de Mosteiro-Meis
Hauts-de-France
Pontevedra
Nigrán
IES Val Miñor
Bretagne
Pontevedra
Pontevedra
IES Gonzalo Torrente Ballester
Bretagne
Pontevedra
Pontevedra
IES A Xunqueira II
Hauts-de-France
Pontevedra
Tomiño
IES Antón Alonso Ríos
Hauts-de-France
Pontevedra
Vilagarcía de Arousa
IES O Carril
Bretagne
Pontevedra
Vilagarcía de Arousa
IES Castro Alobre
Hauts-de-France

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 04/11/2023