O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, inaugurou hoxe o XII Encontro estatal de Familias de Acollida de Cruz Roja Española

A Xunta aplaude o compromiso das familias e entidades que participan nos programas de acollemento de nenos e adolescentes

O Goberno galego volve incrementar os fondos destinados a acollemento familiar, que acadan no orzamento do vindeiro ano os 6,5 millóns de euros

A Coruña, 3 de novembro de 2023

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, volveu a destacar hoxe a solidariedade, o compromiso social e o importante papel que teñen as persoas que participan nos programas de acollemento familiar para garantir o dereito de todos os nenos e adolescentes a medrar no seo dun fogar. Así o dixo na inauguración do XII Encontro estatal de Familias de Acollida que organiza Cruz Roja esta fin de semana.

Jacobo Rey agradeceu á Cruz Roja a súa colaboración no programa de acollemento familiar da Xunta de Galicia. Así mesmo, recordou que o obxectivo deste programa é axudar ao menor no seu desenvolvemento e, o máis importante, intentar a reintegración no seu núcleo familiar.

O director xeral resaltou o importante incremento de fondos para a protección dos nenos e adolescentes que recollen os orzamentos do Executivo autonómico para 2024. Así, sube de novo a partida económica para acollemento familiar, que acada os 6,5 millóns de euros.

Estas xornadas da Cruz Vermella teñen, entre os seus obxectivo, facilitar o encontro de familias de acollida e de xente nova que estivo baixo a tutela da Administración autonómica. Ademais de compartir experiencias, desenvolvéronse espazos de traballo participantes no programa de acollemento familiar.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/11/2023