O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, reúnese cos alcaldes de Noia e de Malpica

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2023.

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, mantivo hoxe encontros de traballo cos alcaldes de Noia, Santiago Freire, e de Malpica,  Eduardo Parga, para coñecer de primeira man as necesidades destes concellos e avaliar posibles vías de colaboración a través das que apoiar desde a Xunta a execución dos seus proxectos. O Goberno galego mantén un firme compromiso coas administracións locais a través de distintas liñas de axudas que permitiron este ano o impulso de máis de 600 iniciativas municipais, cun investimento de 27,2 millóns de euros.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/11/2023