O Sergas participará nas ‘XVII Xornadas de Xestión e Avaliación en Saúde’ que se celebrarán no mes de maio na cidade de Ourense

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2023

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, recibiu hoxe en audiencia, no seu despacho do Edificio Administrativo do Sergas en San Lázaro, ao presidente da Fundación Signo, Josep Pomar Reynés, e ao patrono da mesma, Ignacio López Parrilla, con motivo da presentación, ao titular da carteira sanitaria do Executivo galego, das XVII Xornadas de Xestión e Avaliación en Saúde. Estas xornadas, promovidas pola antedita fundación, celebraranse en Ourense entre os días 8 e 10 de maio de 2024.

Na audiencia tamén estiveron presentes, o xerente da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS), Antonio Fernández-Campa; e o xerente da área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, e presidente do comité organizador das xornadas, Félix Rubial Bernárdez.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/11/2023