Galicia ostenta a representación autonómica nun grupo de traballo do Consello da Unión Europea en materia de xuventude
2023-10-31
/documents/35297/43444/20231030+FotoDXXuventudeBruxelas1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Bruxelas (Bélxica), 30 de outubro de 2023
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu hoxe en Bruxelas a unha das reunións de traballo en materia de xuventude do Consello da Unión Europea (UE). Durante este semestre do ano, Galicia ostenta a representación autonómica deste grupo de traballo, no que participan todos os Estados membros.
Durante esta reunión tratouse un documento sobre a participación xuvenil nos procesos de toma de decisións da UE e en anteriores ocasións tamén se abordaron cuestións sobre a saúde mental da xente moza.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade
Data de actualización: 31/10/2023