A Xunta estará presente na feira Etiqueta Negra coa marca Artesanía Alimentaria

Pontevedra, 31 de outubro de 2023

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, participou hoxe na presentación da sétima edición da feira do gourmet galego Etiqueta Negra, que terá lugar os días 11, 12 e 13 de novembro no recinto feiral de Pontevedra.

A Xunta estará presente neste evento gastronómico, por primeira vez a través da axencia, da man da marca Artesanía Alimentaria, unha nova figura de calidade diferenciada. En Etiqueta Negra darase a coñecer este distintivo e a importancia do produto alimentario artesán, dándolle un espazo a 18 artesáns para poñer en valor a súa actividade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 31/10/2023