A Xunta impulsará a competitividade dos parques empresariais de 4 concellos da área de Santiago cun investimento de máis de 236.000€

Estas axudas van dirixidas a mellorar as infraestruturas dos parques empresariais de Galicia

Esta orde prioriza aos Concellos Emprendedores

Ordes (A Coruña), 31 de outubro de 2023

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Ordes, José Luis Martínez, visitaron o polígono de Merelle para anunciar un investimento de máis de 150.000 euros para a mellora do firme no vial principal deste parque empresarial (AC-408). Esta actuación contará cun apoio do Goberno galego de 120.000 euros.

Trenor aclarou que esta axuda encádrase dentro da orde de axudas  da Xunta  para mellorar as infraestruturas dos parques empresariais de Galicia, que conta cun orzamento total de 2,9 millóns de euros. Concretamente, na área de Santiago recibirán estes apoios catro concellos, Tordoia, Santa Comba, Ordes e Ames por un importe total de máis de 236.000 euros que mobilizarán un investimento total de case 300.000 euros.

 

Estas axudas, de ata un máximo de 120.000 euros por proxecto, están destinadas á implantación de iluminación pública eficiente, plantas de depuración de auga, xestión de residuos, instalación de sistemas de seguridade, contraincendios e contra o roubo de cable, servizos centralizados de subministración de gas e hidróxeno verde, así como á mellora de infraestruturas viarias. Cómpre destacar que esta última foi a actuación máis demandada. Os beneficiarios poderán acceder a anticipos do 25%.

 

O delegado da Xunta explicou que esta liña de apoios “contribúe a apoiar aos concellos galegos e pretende ser, ademais, un impulso para a captación de investimentos en Galicia e para a mellorar a competitividade das nosas empresas”. Neste sentido, aclarou que “encaixa nas medidas que fomenta a Lei de implantación empresarial na que os Concellos Emprendedores teñen un papel fundamental á hora de colaborar co Goberno galego para achegar ás empresas beneficios fiscais, acceso ao solo e facilidades administrativas a cambio de contar con prioridade en ordes de axudas como estas”.

 

LISTAXE DE BENEFICIARIOS ÁREA DE SANTIAGO

 
CONCELLO
ACTUACIÓN
POLÍGONO INDUSTRIAL

INVESTIMENTO SUBVENCIONABLE

AXUDA CONCEDIDA
TORDOIA

RENOVACION DE INSTALACIONS DE ALUMEADO PUBLICO EN PEDRASALGUEIRA

S03 E S04
8.520,04 €
6.816,03 €
SANTA COMBA

PROXECTO BÁSICO E DE EXECUCIÓN DE MELLORA DO ACCESO SUESTE AO PARQUE EMPRESARIAL DE SANTA COMBA

PARQUE EMPRESARIAL DE SANTA COMBA
84.837,09 €
67.869,67 €
ORDES

MELLORA DO FIRME NO VIAL PRINCIPAL DO POLIGONO DE MERELLE (AC-408)

POLÍGONO DE MERELLE
150.000,00 €
120.000,00 €
AMES

PROXECTO DE EFICIENCIA ENERXÉTICA NA ILUMINACIÓN PÚBLICA NO PARQUE EMPRESARIAL NOVO MILLADOIRO

NOVO MILLADOIRO
52.254,65 €
41.803,72 €
4 AXUDAS
   
295.611€
236.489 €
 
 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 31/10/2023