A conselleira de Política Social e Xuventude asistiu á recepción oficial da conferencia ‘El futuro del Desarrollo Rural ante los Retos Demográficos y Climáticos’

Fabiola García participa nunha conferencia sobre demografía, organizada polo Comité Europeo das Rexións en Logroño

Participará mañá nunha mesa redonda sobre os retos demográficos nas zonas rurais con representantes doutras institucións europeas

Logroño (A Rioxa), 30 de outubro de 2023

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, participa esta tarde na recepción oficial da conferencia sobre ‘El Futuro del Desarrollo Rural ante los Retos Demográficos y Climáticos’, organizada polo Comité Europeo das Rexións en Logroño durante hoxe e mañá.

Esta recepción oficial será seguida dun debate de alto nivel mañá martes no que responsables das distintas administracións comunitaria, estatal, autonómica e local abordarán o reto demográfico e climático desde as súas áreas de acción. A conselleira participará en concreto nunha mesa redonda sobre os retos demográficos nas zonas rurais.

Este encontro europeo contará coa participación da vicepresidenta da Comisión Europea para Democracia e Demografía, Dubravka Šuica, así como coa deputada do Parlamento Europeo, Mazaly Aguilar, a presidenta da Asemblea de Córcega, Marie-Antoinette Maupertuis, e a directora xeral de Políticas contra la Despoblación do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, Juana López Pagán.

Data de actualización: 30/10/2023