O delegado territorial da Xunta en Lugo súmase á celebración do XXIX Aniversario do CAPD de Sarria

Sarria (Lugo), 27 de outubro de 2023

O Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) de Sarria celebrou hoxe o seu XXIX Aniversario cunha xornada festiva na que tiveron un especial protagonismo os residentes e as súas familias, e na que tamén participou o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, entre outros.

Os usuarios actuaron na gala musical “Ti si que vales”, desfrutaron do espectáculo de maxia de Samuel Moreno, e pola tarde seguirán a festa coa música de DJ Tibu. Ademais, instaláronse senllas exposicións con traballos elaborados por eles e fotografías de actividades e excursións realizadas no último ano.

O CAPD depende da Consellería de Política Social e Xuventude, conta con máis de 170 traballadores e acolle a 120 residentes que reciben atención integral, dende os coidados básicos ata atención psicosocial, fisioterapia ou talleres formativos para potenciar as súas habilidades.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/10/2023