A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participou nunha xornada dirixida á xente nova que forma parte desta iniciativa

A Xunta propicia un encontro da xente nova que participa no programa Xuventude Mentoring

O vindeiro ano destinaranse preto de dous millóns de euros a seguir facilitando a transición da mocidade ao ámbito laboral, a través desta proposta e do Xuventude Mentoring na Empresa

Sada (A Coruña), 28 de outubro de 2023

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu a un encontro cos participantes na cuarta edición do programa Xuventude Mentoring, iniciativa posta en marcha pola Xunta para facilitar a transición do ámbito académico ao emprego da xente moza. No encontro, que se desenvolveuse ao longo de todo o día de onte no albergue Mariña Española, abordáronse diferentes dinámicas no ámbito das competencias profesionais, na xestión das relacións laborais ou na preparación dunha entrevista de traballo.  

A directora xeral explicou que o obxectivo desta xornada foi servir de espazo de formación, participación activa e interacción entre as mozas e mozos que participan como mentorizados no Xuventude Mentoring. Ademais, destacou a importancia deste programa para apoiar á xuventude na súa entrada no mundo laboral. 

600 participantes

Neste sentido, Cristina Pichel sinalou que o vindeiro ano o Executivo autonómico seguirá apostando polo Xuventude Mentoring e o Xuventude Mentoring na Empresa, aos que destinará preto de dous millóns de euros.

As primeiras edicións destas propostas teñen demostrada súa utilidade para axudar á mocidade a emprender a súa carreira profesional. Preto de 600 persoas mozas participaron nestas catro edicións de Xuventude Mentoring e máis de 250 mentores. O balance das últimas edicións indica que preto do 50% se insertaron laboralmente tras o programa.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 28/10/2023